Unha nova oportunidade para coñecer diferentes formas de ver e entender a escola. Desta volta tivemos a sorte de coñecer as escolas de Pistoia.
Comezamos a estadía escoitando da man do Servizio Educazione e Istruzione
de Pistoia as bases pedagóxicas do seu modelo educativo na etapa da Ed.
Infantil.
Expuxeron que teñen como centro de atención ao alumnado, sendo o protagonista.
Para isto, fomenta a súa autonomía poñendo ao seu alcance todos os recursos dos
que poden dispor. A equidade e a inclusión enténdese desde unha perspectiva
grupal. Desta forma, o profesorado de apoio forma parte de cada grupo clase e
non esta especificado unicamente cando existen necesidades especificas de apoio
educativo.
Os espazos cóidanse esteticamente, non só as aulas senón tamén nas
restantes dependencias dos centros educativos. Por exemplo, onde dormen, comen,
xogan... Tamén, os recursos e materiais. Así, destacan o papel dunha educación
cara a estética, sentindo a beleza e educando para recoñecela e apreciala.
Ademais, no emprego dos recursos escápanse dos estereotipos e primase o
contacto con elementos do medio natural. Neste contexto destacan os que
proveñen dos materiais de refugallo e dos naturais.
Fomentase a creatividade e a autonomía pensando sempre que as criaturas
poden facer cousas por si mesmas. Desta forma, favorecen o desenvolvemento
competencial de nenas e nenos (serven a auga, teñen pratos de cerámica, vasos
de vidro... non hai sempre unha persoa que lles faga todas as cousas).
Outro aspecto no que inciden é na importancia da coordinación entre escolas
para que as capacidades e competencias adquiridas de 0-3 non se perdan e continúen
na etapa de 3-6 anos.
Tamén, na importancia de potenciar e e estimular a participación das familias, invitándoas a participar da escola: por
exemplo argallando cousas de forma compartida, con posibilidades de formación continua,
por exemplo, sobre inclusión, NEAE, emocións, saúde, natureza,... Falamos dunha
escola de e para familias.
Ao tempo, priman o respecto cara a cultura da infancia, respectando os seus
intereses e características, polo que néganse a preparan aos nenos e nenas para
a etapa de primaria aínda que os centros de primaria llo soliciten. Desta forma
no traballan preescolar nin prelectura.
Así definen o modelo pedagóxico dos “niños” de 0-3 anos e das escolas de
3-6 anos. A estrutura arquitectónica das
mesmas esta configurada por varios edificios denominados “áreas”. Son tres áreas
as dirixidas ás criaturas de 4 a 8 anos e funcionan como obradoiros ou
laboratorios. Non están pensadas ateliers
senón que nelas as actividades son flexibles, cambiantes e parten dos intereses
do alumnado. Son tres: amárela: teatro; azul: arte e verde: natureza. Cada unha
destas áreas conta cunha mestra especializada en cada unha das temáticas e
poden ser visitadas polas familias co alumnado cando queiran e realizar
diferentes actividades guiados pola persoa docente.
Por último, contan coa “Área rosa” que funciona como ámbito de 0-3 anos. A
esta área poden acudir as familias con menos recursos cos seu cativos e cativas.
Teñen liberdade para escoller os momentos e quedan cos seus fillos e fillas para
realizar as diferentes actividades propostas polas mestras desa área. Desta
forma, nas actuacións as familias están sempre presentes e a escola deixa algo
alleo a elas.
Imaxe: Dimensión pedagóxica dos espazos e da estética nas escola infantil de Pistoia