Continuando coa nosa estadía en Pistoia. Neste caso a
Scuola Dell’infanzia
Il Melograno que escolariza a nenos e nenas de 3-6 anos. Conta con dúas partes diferenciadas.
Unha delas destinada ás criaturas de 3 anos e outra para as que teñen de 4 e 5 anos
(entradas diferenciadas e espazos adaptados).
En cada unha delas contan con varios espazos, os dedicados ás clases, a
zona da comida, o espazo de laboratorio e o destinado aos obradoiros. Todos eles
son polivalentes, cambiando segundo ás necesidades e intereses das criaturas.
Por exemplo na zona de 4 anos contan cun “ateliaer”, un laboratorio, un obradoiro
de exploración e unha zona para os materiais de refugallo e os que aportan as
familias. No espazo para o alumnado de 5 anos contan ademais, cunha biblioteca.
Para a escola é moi importante documentar todas as actividades. A súa finalidade é deixar pegada do desenvolvemento das criaturas. Así, as familias coñecen a historia dos cativos e cativas e vexan como evolucionan no seu proceso de crecemento. Este rexistro de actuacións convertese a final de cursos nunha achega personalizada para as familias e que tamén se vai presentando no taboleiro do centro.
As saídas polo entorno son moi frecuentes e a participación na vida do pobo
unha constante. Tamén, participan das área de aprendizaxe que mencionamos na
anterior entrada (unha vez por semana).
A participación das familias na escola é moi importante na historia de cada
criatura. Así, participan de moitas das propostas da escola, tanto a nivel
formal e informal. Por exemplo, comparten as actividades matinais cando estas
poden quedarse na escola.
A nivel organizativo e de xestión dous pais ou nais e unha persoa docente
por nivel comparten a preparación de festas, asembleas de familias, reunións...
Ademais, son tres titorías xerais as que se fan por curso escolar: unha
inicial, outra durante o curso e outra final.
Imaxes 1 e 2: Gran variedade de mateiais e recursos sobre todo convencionais e de orixe natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario