A nosa compañeira de Pedagoxía Terapéutica, participou do Programa de aprendizaxe e formación do profesorado enmarcado no proxecto ERASMUS+ KA1 na modalidade Stem – Teacher trainning Program- Math & Cience- , centrado nunhas xornadas que se celebraron en Varsovia do 25 ao 29 de abril deste
curso 2021-22. Esta formación, organizada desde o Centro de Formación do Profesorado -CFR- de Ferrol (Galicia), en coordinación co Centro Socioeducativo de Innovación e Formación da dita capital, o WCIES, permitiunos a 26 mestres e profesores, de todas as etapas educativas non universitarias, da comarca de Ferrolterra coñecer no seu contexto o sistema educativo polaco e as súas semellanzas e diferencias respecto ao noso e a súa visión pedagóxica.
O primeiro día tiveron unha primeira sesión de benvida e acollida por parte de Irena e Gosia, responsables da área pedagóxica, que os recibiron e empezaron a coñecer mediante unha dinámica de grupos a través da identificación cunha imaxe-postal dada, e coa que se presentaron. Explicaron a función pedagóxica, innovadora, de trámite e de asesoramento que leva a cabo este Centro -WCIES- , semellante ao noso CFR - centro de formación do profesorado-. Das moitas explicacións, destacan as circunstancias actuais nas que se atopan nun contexto de guerra do pais veciño, Ucraína, do que provén moito alumnado ás diferentes escolas e institutos polacos, aos que dotalos de maiores facilidades e servizos dentro dunha perspectiva inclusiva.
Este sentimento de acollida e solidariedade cos refuxiados uccraínos está moi arraigado entre a poboación polaca, que se sente identificada como vítima de guerras que sufriu ao longo da súa historia, sobre todo tralo sometemento do país ao dominio soviético, ou a persecución e matanza dos xudeus por parte dos nazis, en Varsovia, Cracovia... do que deixaron pegada os múltiples símbolos e monumentos ao longo da cidade varsoviana e que lembran a barbarie cometida.
A mesma reconstrución da cidade de Varsovia, trala 2ª guerra mundial adaptouse a criterios soviéticos, pero tendo en conta tamén a influencia da igrexa católica, que foi refuxio e bastión dunha boa parte da poboación durante as distintas contendas.
Esa mesma mañá explicaron as características do sistema educativo polaco, as etapas, os tipos de centros, a política de contratos do profesorado, como se leva a cabo a atención á diversidade, a orientación e o enfoque laboral, etc. Moi semellante ao noso país, en liñas xerais, aínda que contando cunhas probas diagnósticas nas distintas etapas educativas, empezando na de Educación Infantil, que determina que alumnos van necesitar un tipo de axuda ou outra ao longo da primaria, así como ao finalizar a etapa secundaria, que determina cara que perfil profesional ou educativo ten que continuar o alumnado. Así mesmo, tamén nos explicaron como atenden a alumnado estranxeiro e ucraíno particularmente, e que tratan de seguir un modelo inclusivo en todas as aulas.
Aos 26 mestres e profesores participantes nestas xornadas,entre os que se incluían dúas das organizadoras do CFR, Pilar e Lucía, repartíronos en dous grupos, segundoa temática de traballo:
1- grupo STEM -entorno da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática,
2- grupo Extremismo - sobre movementos sociais, culturais, diversidade, inclusión…
Mariló participou das actividades organizadas para o grupo STEM. E comenzouno grupo, relacionado co ámbito das Matemáticas, onde expuxeron a situación desta materia no currículo e nos resultados do informe Pisa, analizando os datos correspondentes a 2003 e como as melloras metodolóxicas levaron a incrementar os valores resultantes no último informe, en 2018.