07 febreiro 2018

Erasmus+ Nürnberg

 A profe de Música de Primaria estivo esta semana en Alemaña participando no programa Erasmus+ sobre inclusión e integración.
Coma sempre, as xornadas foron ben intensas e aproveitouse o tempo ao máximo para aprender e coñecer outras realidades educativas, desta volta en centros de secundaria de Nürnberg. 
A aventura comezou o 26 de febreiro coa  chegada á cidade onde os participantes foron recibidos cunha visita guiada e co primeiro contacto cos compañeiros e compañeiras e co alumnado dos centros. 

 

A partir de aí, o traballo organizouse en pequenos grupos que acudiron como observadores a diversos centros para coñecelo seu funcionamento de primeira man. A visita comezou cun repaso do sistema educativo en Bayern e as diferentes posibilidades do alumnado. Parte das sesións transcorreron dentro da aula, en contacto directo co profesorado e o alumnado, o que supuxo unha experiencia moi positiva, poidendo compartir o seu tempo de ensino e aprendizaxe. 
 
Mesmo as pausas se aproveitaron para traballar e durante as mesmas púxose en común o traballo de observación e intercambiáronse preguntas, opinións e puntos de vista.

Ao aprender sobre a inclusión en Alemaña, foi moi enriquecedor poder visitar distintas vilas e distintos tipos de centro no que coñecer rapazada non só de Primaria, senón tamén adolescentes e velos traballar en distintas materias. 
As xornadas remataron con poñencias de inspección e dunha das deputadas responsables da educación. 



                                  















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...