24 marzo 2023

Pistoia e as bases pedagóxicas da educación infantil

Imaxe: espazos e estética na escola infantil de Pistoia
Unha nova oportunidade para coñecer diferentes formas de ver e entender a escola. Desta volta tivemos a sorte de coñecer as escolas de Pistoia.

Comezamos a estadía escoitando da man do Servizio Educazione e Istruzione de Pistoia as bases pedagóxicas do seu modelo educativo na etapa da Ed. Infantil.

Expuxeron que teñen como centro de atención ao alumnado, sendo o protagonista. Para isto, fomenta a súa autonomía poñendo ao seu alcance todos os recursos dos que poden dispor. A equidade e a inclusión enténdese desde unha perspectiva grupal. Desta forma, o profesorado de apoio forma parte de cada grupo clase e non esta especificado unicamente cando existen necesidades especificas de apoio educativo.

Os espazos cóidanse esteticamente, non só as aulas senón tamén nas restantes dependencias dos centros educativos. Por exemplo, onde dormen, comen, xogan... Tamén, os recursos e materiais. Así, destacan o papel dunha educación cara a estética, sentindo a beleza e educando para recoñecela e apreciala.

Ademais, no emprego dos recursos escápanse dos estereotipos e primase o contacto con elementos do medio natural. Neste contexto destacan os que proveñen dos materiais de refugallo e dos naturais.

Fomentase a creatividade e a autonomía pensando sempre que as criaturas poden facer cousas por si mesmas. Desta forma, favorecen o desenvolvemento competencial de nenas e nenos (serven a auga, teñen pratos de cerámica, vasos de vidro... non hai sempre unha persoa que lles faga todas as cousas).

Outro aspecto no que inciden é na importancia da coordinación entre escolas para que as capacidades e competencias adquiridas de 0-3 non se perdan e continúen na etapa de 3-6 anos.

Tamén, na importancia de potenciar e  e estimular a participación das familias,  invitándoas a participar da escola: por exemplo argallando cousas de forma compartida, con posibilidades de formación continua, por exemplo, sobre inclusión, NEAE, emocións, saúde, natureza,... Falamos dunha escola de e para  familias.

Ao tempo, priman o respecto cara a cultura da infancia, respectando os seus intereses e características, polo que néganse a preparan aos nenos e nenas para a etapa de primaria aínda que os centros de primaria llo soliciten. Desta forma no traballan preescolar nin prelectura.

Así definen o modelo pedagóxico dos “niños” de 0-3 anos e das escolas de 3-6 anos.  A estrutura arquitectónica das mesmas esta configurada por varios edificios denominados “áreas”. Son tres áreas as dirixidas ás criaturas de 4 a 8 anos e funcionan como obradoiros ou laboratorios. Non están pensadas ateliers senón que nelas as actividades son flexibles, cambiantes e parten dos intereses do alumnado. Son tres: amárela: teatro; azul: arte e verde: natureza. Cada unha destas áreas conta cunha mestra especializada en cada unha das temáticas e poden ser visitadas polas familias co alumnado cando queiran e realizar diferentes actividades guiados pola persoa docente.

Por último, contan coa “Área rosa” que funciona como ámbito de 0-3 anos. A esta área poden acudir as familias con menos recursos cos seu cativos e cativas. Teñen liberdade para escoller os momentos e quedan cos seus fillos e fillas para realizar as diferentes actividades propostas polas mestras desa área. Desta forma, nas actuacións as familias están sempre presentes e a escola deixa algo alleo a elas.

Imaxe: Dimensión pedagóxica dos espazos e da estética nas escola infantil de Pistoia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio

  A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...