12 decembro 2022

 Erasmus + en Reggio Emilia, Italia

Dentro do plan de formación do profesorado, coordinado polo CFR de Ferrol, e acorde ao cambio de metodoloxía que estamos experimentando na etapa de Educación Infantil, unha mestra do noso centro visitou o centro Internacional Loris Malaguzzi, na cidade de Reggio Emilia en Italia.

Loris Malaguzzi foi un pedagogo que introduciu no ensino a metodología Reggio Emilia, dando o nome ao pobo italiano onde ten a súa orixe, baseada na importancia do mestre como guía e o neno ou nena como protagonista do seu propio proceso de ensino - aprendizaxe. 

Nesta metoloxía ten un valor especial o espazo, pois a organización e o deseño do mesmo fai que se promovan distintos tipos de relacións e fomenten a comunicación. Ademais, o medio natural é un espazo máis das aulas pois é unha gran ferramenta de desenvolvemento e comprensión do mundo que rodea aos máis pequenos.

Sendo o principal obxectivo destas escolas promover a indagación e reflexión dentro dun contexto adecuado e significativo para o neno ou nena.

Recalca a importancia de documentar as experiencias para poder entender mellor a forma de actuar dos máis pequenos, facilitar a avaliación e permitir compartir as experiencias con outros axentes da educación, como poden ser as familias.

A formación tivo lugar no centro Internacional Loris Malaguzzi, onde as dúas pedagogas de Reggio Emilia falaron sobre a metoloxía acompañadas de mestras e atelieristas. Visitamos dúas escolas e participamos en talleres: a alma secreta dunha folla, engranaxes, paisaxes dixitais, punto de vista e Remida " o papel como materia".


Tiveron lugar visitas polo centro onde había varias propostas didácticas con diferentes materiais e posibilidades  "a cultura do atelier".

Estas escolas fuxen das programacións e focalízanse nas proxeccións (documentar, relanzar e interpretar) e por iso, que se fala das 100 linguaxes da metodoloxía Reggio Emilia: linguaxe do debuxo, da música, do movemento, da arcilla, da matemática, científico, da interpretación...






Un dos aspectos máis chamativos desta metodoloxía é a prensenza nas aulas dunha atelerista, persoa formada en arte que participa na vida do centro educativo, levando así as aulas o espíritu ecolóxico do atelier.
 Así pois, ten sentido, o REMIDA, un proxecto cultural sobre sostenibilidade. Promove a cultura do reciclaxe creativo, onde restos de materiales de empresas que teñen taras ou material de desfeito que nunca foi empregado ten un potencial de beleza capaces de estimular a reflexión e ofrecer recursos para a educación.

Neste momento existen máis de 12 REMIDAS en Italia e algúns máis noutros países como Arxentina, Noruega, Alemania...

Velaquí, o REMIDA





E se a experiencia xa de por si é fantástica, todo se multiplica se estás acompañada dun grupo de mestras e mestres do CFR de Ferrol con inquietudes educativas similares e con ganas de cambiar a forma de ensinar.




Unha experiencia moi positiva e enriquecedora!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio

  A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...