08 decembro 2022

Erasmus + en Konya (Turquía).


 Dentro do marco da formación do profesorado e o Erasmus+ organizado polo CFR deFerrol, realizouse da semana do 21 ao 25 de novembro de 2023 unha mobilidade destinada ao profesorado das etapas de infantil, primaria e secundaria e enfocada cara a observación do traballo colaborativo nun centro de Konya, en Turquía.


                                                              Imaxe propia da actividade.

O primeiro día a formación foi de carácter teórico, traballando cos coñecementos previos necesarios para poñer en práctica diferentes estratexias metodolóxicas colaborativas, mentres que a partir do segundo día se combinou a explicación coa práctica, observando directamente como as docentes traballaban coas nenas da escola, pois era un centro exclusivamente feminino.

                                                              Imaxe propia da actividade.

O mércores 23 de novembro acudiuse a un centro que nós poderíamos asociar a un Instituto de Bacharelato, onde tamén se observaron prácticas de ensinanza-aprendizaxe cunha importante base dinámica e activa por parte do alumnado, sendo a docente neste caso unha mera guía do proceso.


                                                              Imaxe propia da actividade.

Por último, o xoves 24 de novembro viaxamos ata a rexión de Capadoccia, coñecida polas súas rechamantes formacións kársticas con impresionantes paisaxes e profundas pegadas históricas. Alí fixemos un itinerario guiado por varias das zonas máis impresionantes e tamén degustamos comida típica e visitamos obradoiros de cerámica e xoias.

             Imaxe propia da actividade.

Realmente nesta viaxe combinouse a aprendizaxe de aspectos docentes, tanto de maneira práctica como teórica, coa experiencia de vivir nunha cidade musulmá, coñecer as súas costumes, gastronomía, prácticas culturais e incluso patrimonio histórico-artístico e inmaterial ou intanxible, como foi acudir a unha sesión de baile dos derviches xiradores. Foi unha semana altamente enriquecedora tanto nos aspectos profesionais como persoais, ao compartir con xente de diferentes lugares e etapas educativas, todas favorables cara a aprendizaxe e vivencia de novas experiencias.


             Imaxe propia da actividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio

  A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...