Visitamos a “área rosa” do sistema educativo do concello de Pistoia que funciona como centro de acollida para nenos de 0-3 anos. O servizo naceu en 1996 pero segue sendo un proxecto moi moderno pero sen carácter educativo. Céntranse nos aspectos sociais e del apoio ás familias creando alianzas con outras entidades da cidade como a biblioteca, pediatras, logopedias… Desta forma, contas con persoas expertas en diferentes ámbitos que participan nela de xeito voluntario e gratuíto. Non estamos ante un servizo gratuíto como os “niños”, o seu acceso atende ao nivel de renda.
Organizase ao redor de tres espazos, un moi
pequeno para bebés e outros dous espazos de xogo para nenos e nenas de 18 a 36
meses de idade.
O espazo para
bebés só é para familias desfavorecidas ou con dificultades diversas, que o
solicitan a través do Concello e poden acudir ao mesmo sen reservar nin chamar.
Algunhas están teorizadas. Non funciona como un niño no que deixar as criaturas
senón, que as mesmas, deben quedar no espazo
coa finalidade de xerar grupo entre elas. Está aberto dúas mañás e dúas
tardes á semana e poden permanecer no espazo o tempo que precisen, dependendo
da necesidade familiar.
Os outros dous espazos de xogo desta área
acollen a nenos e nenas de 18 a 36 meses. As familias teñen dúas posibilidades:
todos os días polas mañás ou dúas mañás á semana pudendo están un máximo de 5
horas. Tamén organizan actividades para as familias polas tardes e os fins de
semana para crear lazos e comunidade.
Non funciona como “niño”, as familias que
acoden a el teñen outro tipo de necesidades. Acoden para que as criaturas socialicen,
para recibir estimulación, xoguen, pero sobre todo para que adquiran rutinas, contando
con materiais naturais, manipulables, á altura dos nenos/as cambiando as propostas
ou invitacións de xogo. Os tempos son máis reducidos, pero poden almorzar ou
merendar alí, aínda que non contan con servizo de comedor. O número de mestras
é de unha persoa docente por cada nove nenos e nenas de 0-3 anos.
A final de ano elaboran un documento con
todo o traballado coas familias e o recollen de xeito mensual para que estea a
disposición das familias na entrada da área.
Ningún comentario:
Publicar un comentario