31 marzo 2023

Visita ao Niño Lago Mago (0-3 anos).

 Dentro dos sete “niños” cos que conta Pistoia, é o máis grande. O seu horario é de 7.30 a 14. 30 horas ou ata as 15. 30 horas se as criaturas dormen alí. Ao tempo, se as familias así o precisan ofrecen unha quenda prolongada ata as 17.30 horas.

Escolariza a 65 alumnos e alumnas nas súas tres aulas: unha de 3 a 12 meses (15 bebes e tres mestras); outra de 1 e 2 anos (con 14 nenos e nenas e dúas mestras); e outra de 2 a 3 anos (36 nenos e nenas e con catro mestras). Ademais destas nove docentes contan con tres persoas colaboradoras.

Por outra banda, o grupo de 2 a 3 anos divídese en subgrupos de nove nenos e nenas aproximadamente que xunto con unha mestra están nun espazo diferente durante unha semana asegurando a continuidade e valorando a memoria.

En canto a súa situación, a escola esta ao carón dun parque e dun lago que son aproveitados como recurso educativo. As instalacións teñen dous accesos, un reservado para aula de 3 a 12 meses. A aula do alumnado de 2 a 3 anos situase na planta superior onde tamén, se sitúa a biblioteca.  Ademais, contan con cociña propia.  

A xornada é enteiramente educativa na que se favorece que o alumnado sexa autónomo potenciado as competencias do saber facer. O coidado e o benestar é fundamental, as criaturas movense con tranquilidade, saben onde están as cousas e onde deixalas. É a súa filosofía, contar cun espazo cómodo cun ambiente de benestar en compañía.  O material de xogo que empregan é principalmente natural, non estruturado, de refugallo e interesante para os nenos e nenas. Outra das súas peculiaridades é que respectan todo o que as criaturas realizan ata o día seguinte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio

  A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...