Despois de tanto tempo lonxe deste e doutros proxectos, agora que a pandemia semella ir mellorando e dar algo de tregua, retomamos o Erasmus+. Temos máis ganas que nunca de volver ás mobilidades a ao traballo coas compañeiras e compañeiros dos outros países.
Parece que non imos ter que agardar moito xa que, neste trimestre iremos a Portugal e a Romanía.
Aqueles alumnos e alumnas que desexen embarcarse nesta aventura STEM connosco, deben entregar unha carta de motivación contándonos por que serían boas e bos candidatos para o programa, que poderían achegar ao mesmo e como o aproveitarían.
Xunto con este escrito, para a selección de candidatas e candidatos tamén se terán en conta outros factores como a nota en Inglés, ter a pauta de vacinación completa ou a idade.
Todo isto e os demais detalles explicarémolo nunha reunión coas familias mañá, 28 de setembro, ás 16:30 na aula de Usos Múltiples do cole.
Non deixedes pasar unha oportunidade coma esta! Contamos con vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario