Espazo para difundirmos actividades, novas e eventos internacionais nos que participa o noso cole.
01 outubro 2025
O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS
PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS DE ACOLLIDA PARA AUXILIARES DE CONVERSA
Convite Xornada auxconversa25 by veracruces
26 maio 2025
Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio
A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte presentación:
21 maio 2025
Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation en Tallinn, Estonia
Análise do Sistema Educativo de Estonia
Este documento ofrece unha visión detallada do sistema educativo de Estonia, centrada na súa estrutura e características, así como nas leis que o regulan. A través da estadía realizada entre o 10 e o 17 de maio de 2025, obtivemos información valiosa sobre os factores que contribúen ao éxito educativo do alumnado estoniano, que se destaca por obter excelentes resultados a nivel europeo e mundial. A análise inclúe aspectos da educación básica, secundaria e as normativas que sustentan este sistema.
Imaxe autoeditada da presentación da escola Tallinna XXI Kool e do sistema educativo de Estonia.Educación Básica en Estonia
A educación básica en Estonia está baseada no principio da escola estandarizada e comprende os graos do 1.º ao 9.º. Este nivel de educación é obrigatorio e proporciona aos estudantes os coñecementos e competencias necesarios para continuar os seus estudos na educación secundaria superior. O currículo nacional establece os resultados esperados por etapa de estudo:
Etapa I: graos 1–3
Etapa II: graos 4–6
Etapa III: graos 7–9
Os estudantes poden adquirir a educación básica en escolas básicas ou en escolas secundarias superiores que ofrezan graos básicos. A transición entre graos e escolas é fluída, permitindo que os estudantes se adapten facilmente ao seu entorno educativo.
Currículo Nacional
O Currículo Nacional de Estonia (2011, revisado en 2024) establece os seguintes aspectos fundamentais:
Valores fundamentais da educación
Obxectivos de ensino e aprendizaxe
Enfoques da aprendizaxe
Requisitos para a contorna de aprendizaxe
Bases para a organización do ensino e a aprendizaxe
Principios e requisitos de avaliación
O currículo busca fomentar a creatividade, a versatilidade e o desenvolvemento integral dos estudantes, preparándoos para a vida familiar, laboral e pública.
Valores e Socialización
As escolas básicas promoven valores fundamentais e axudan aos estudantes a comprender as consecuencias das súas accións. O currículo tamén apoia a socialización da nova xeración, baseándose nas tradicións culturais estonianas e nos valores comúns europeos.
Educación Secundaria Superior e Formación Profesional
A educación secundaria superior en Estonia divídese en educación secundaria xeral e educación secundaria vocacional. A educación secundaria xeral, adquirida nas escolas secundarias superiores, establece as condicións para acceder á educación superior. Por outra banda, a educación secundaria vocacional permite aos estudantes prepararse para o mercado laboral.
Estatísticas e Tendencias
Aproximadamente o 70 % dos graduados da educación básica continúan os seus estudos na educación secundaria xeral, mentres que case o 26 % optan pola formación profesional. Esta tendencia mantívose estable nos últimos anos, reflectindo a importancia da educación secundaria como un paso crucial na formación dos estudantes.
Normativa Educativa
O sistema educativo estoniano está regulado por diversas leis que garantizan os dereitos e deberes dos estudantes, pais e institucións educativas:
Constitución da República de Estonia: Dereito á educación
Lei de protección da infancia :Obrigas dos gobernos para garantir os dereitos dos nenos
Lei de Educación (Eesti Vabariigi haridusseadus): Define os niveis educativos e a asistencia escolar obrigatoria.
Lei de Escolas Básicas e de Educación Secundaria Superior ( Põhikooli- ja gümnaasiumiseadus): Establece as bases para a organización do estudo e os dereitos dos estudantes.
Imaxe autoeditada do patio central da escola de Tallinna XXI Kool.
Conclusión
A educación en Estonia destaca pola súa estrutura ben definida e a atención aos valores fundamentais que promoven o desenvolvemento integral dos estudantes. A combinación de un currículo nacional sólido, a flexibilidade nas transicións educativas e a regulación legal contribúen ao éxito do sistema educativo estoniano, que serve como modelo a seguir para outros países. A experiencia adquirida durante a estadía permitirá un proceso analítico e reflexivo sobre as prácticas educativas que se poden aplicar en contextos diferentes.
Fonte; https://eurydice.eacea.ec.europa.eu/eurypedia/estonia/
28 febreiro 2025
Estudando as matemáticas en Turquía: mobilidade ERASMUS+
A nosa compañeira, Ángela López, tivo a oportunidade de visitar varios centros de Secundaria nunha cidade de Turquía, Mersin, para coñecer de primeira man o funcionamento do sistema educativo turco.
A experiencia encádrase nunha mobilidade ERASMUS+ levada a cabo grazas ao CFR de Ferrol, quen seleccionou a varios profesores de Matemáticas da comarca de Ferrolterra para analizar as clases desta materia no país turco despois de mellorar os seus resultados no último informe das probas TIMSS.
Podedes ver un resumo da súa experiencia pinchando no seguinte enlace para acceder á presentación que nos fixo a modo de resumo.
28 novembro 2024
Erasmus+ en Grecia: a civilización helénica
ERASMUS + KA1 COURSE
HELLENIC CIVILIZATION. Wisdom combined with beauty
18 a 22 de novembro de 2024, Levadia, Grecia
O programa de
Erasmus+ que tivo lugar en Grecia durante o día 18 a 22 de novembro de 2024
tiña como obxectivo achegar aos docentes á civilización helénica, milenaria
cultura que destacou por impoñer as bases culturais da nosa sociedade actual.
O primeiro día, fóra da planificación, paseamos pola cidade de Atenas á nosa chegada, xa pasadas as once da noite. Non quixemos perder o espectáculo de ver a Acrópole iluminada que se albisca dende moitos lugares da inmensa urbe, capital do país. Ao día seguinte, acudimos a unha visita guiada e comemos moi preto do museo para, inmediatamente despois, partir cara Levadia, nun traxecto que nos levou aproximadamente dúas horas en bus.
Alí tivo lugar a
formación, que deu comezo o luns cunha pequena presentación sobre o sistema de
educación público de Grecia, para despois pasar a tratar cuestións de cidadanía
e democracia inherentes á Antigüidade helénica. As leccións teóricas estiveron
dirixidas por dous docentes gregos: Vasily e Popi, que deron boa mostra da
tradicional hospitalidade grega e fixéronnos sentir totalmente acompañados
durante a nosa estancia.
Ese mesmo día
acudimos a visitar unha escola de Educación Primaria (4th Primary School of Levadia) onde, coincidindo co aniversario da
Revolta da Universidade Politécnica, se celebrou unha representación teatral na
que participaron varios cursos. Levaba por nome The Dictatorship e, a pesar de estar dramatizada en grego, observamos
claramente a potencialidade do alumnado ante o seu público, recitando a maior
parte dos diálogos de memoria e acompañados sempre con música e cantos dos seus
compañeiros/as.
O martes 19 fomos de visita ao Santuario de Delfos onde un guía nos explicou as obras máis salientables que se custodian no Museo de Delfos e, posteriormente, nos fixo un recorrido polo inmenso xacemento arqueolóxico emprazado aos pés do Monte Parnaso.
Despois de comer
nunha taberna típica a medio camiño entre Delfos e Levadia, pasamos a tarde
facendo elementos de cerámica en torno, nun famoso taller de alfarería da
cidade: o Krya Art Center.
O mércores 20 afondamos nos coñecementos sobre a música grega, dende a Antigüidade ata a actualidade. A explicación teórica, amenizada por fragmentos musicais de diferentes artistas, fixo especial fincapé nun estilo contemporáneo coñecido como Rebetiko, propio do século XX e nacido nas rúas de Atenas froito da migración e da marxinalidade. Así, seguindo con esa temática, visitamos a Escola de Música próxima á vila, onde puidemos deleitarnos cunha actuación espectacular do seu alumnado e de parte do profesorado, que nos recibiu amablemente e nos tocaron e cantaron con varias pezas diferentes, destacando as interpretacións do seu coro de estudantes.
Para rematar a
xornada fixemos unha visita á cidade próxima de Antikyra, situada a carón do
mar e moi turística durante os meses de verán. No restaurante Castello degustamos
unha cea típica de produtos gregos procedentes do mar.
O xoves, tanto a
sesión da mañá como a da tarde estivo destinada ao drama e ao teatro, unha
actividade propiamente grega dende os albores da civilización. De tal xeito, a
primeira parte foi unha explicación teórica sobre o drama na Antigüidade con
especial atención ao autor Sófocles. Posteriormente, guiados por un gran
experto, Lazaros Papadopoulos, puidemos realizar diversas actividades para
coñecernos mellor como grupo e incitar á improvisación. Realizamos unha pequena
obriña teatral improvisada en pequenos grupos que, posteriormente, tivemos que
adaptar para representar mediante mímica e tan só cinco palabras. A idea
enganchounos dende o primeiro momento e as improvisacións dos grupos foron
incriblemente divertidas.
Por último, o
venres 22 Popi explicounos as celebracións típicas dos gregos, ligadas en
moitos casos a vacacións escolares. Falamos das diferenzas entre as
festividades relixiosas católicas e ortodoxas, así como a súa influencia nas
identidades culturais de ambos países. Posteriormente, fixéronnos entrega dos
diplomas e partimos visitar un centro de educación secundaria coñecido como 3th High School Levadia. Alí un grupo de
estudantes guiounos polas instalacións, onde puidemos entrar en distintas aulas
materia e ver o desenvolvemento dalgunhas clases, como a de debuxo. Ademais, un
gran grupo de alumnos e alumnas realizou unha actuación de danza típica grega,
á que nos sumamos grazas a contar con pasos simples e moi rítmicos. Como
contrapartida, improvisamos algúns pasos do baile galego por excelencia: a
muiñeira guiados pola man de Fani, profesora de música en Educación Primaria.
Para rematar a xornada, os docentes do instituto ofrecéronnos unha comida feita por eles e que axudaron os estudantes a servir.
Con moita mágoa e un par de quilos de máis, o sábado 23 ás 8 da mañá, partimos de novo cara o aeroporto de Atenas para regresar a Ferrol e reincorporarnos a vindeira semana aos nosos respectivos centros.
24 novembro 2024
IV FASE OBSERVA - ACCIÓN: INTERNALIZACIÓN (CROACIA)
O CPI Plurilingüe Virxe da Cela forma parte do programa Observa_Acción. Nesta cuarta fase, tres mestres do centro tiveron a oportunidade de coñecer o sistema educativo croata.
No seguinte enlace poderedes ver un breve resumo.
13 novembro 2024
Job-shadowing no centro
04 novembro 2024
Preparando o Programa Job-shadowing en colaboración co CFR de Ferrol
O próximo martes, 12 de novembro contaremos coa visita de tres persoas docentes das localidades belgas de Maldegem e de Eeklo (situadas na provincia belga de Flandes Oriental).
Será unha xornada de intercambio e experiencias onde alumnado e profesorado amosaremos como se desenvolven as competencias do noso alumnado que na xornada de hoxe estamos a preparar.
Faremos especial fincapé na aprendizaxe matemática pero tamén amosaremos a importancia da conexión co medio natural na aprendizaxe e no desenvolvemento das competencias dixitais para a cidadanía.
Imaxe da reunión do profesorado participante na iniciativa.
29 outubro 2024
18 outubro 2024
Programa Observa-Acción: IV Fase Internalización, 3ª reunión
Unha vez constituido o novo grupo de traballo empezamos coa planificación Dunia novo reto: preparar a visita Job-Shadowing dun grupo de docentes belgas (prevista para o martes 12 de novembro 2024).
A temática xeral estará ao redor da aprendizaxe matemática polo que precisamos poñer en común as nosas potencialidades para ofrecer unhas propostas de calidade ao profesorado participante na estadia.
Imaxe da reunión realizada na biblioteca do centro.
10 outubro 2024
Programa Observa-Acción: IV Fase Internalización; 2-ª reunión
Unha nova reunión do profesorado que está a participar no Programa Observa-Acción tivo lugar na biblioteca escolar o xoves 10 de outubro 2024, ás 14:00 horas. Nesta segunda reunión do curso académico 2024-2025 abordouse a natureza desta IV Fase Internacional, caracterizándose esta etapa nunha experiencia de colaboración cun centro educativo doutro país asociado ao programa co que intercambiará boas prácticas docentes compartindo, colaborando e reflexionando. Nesta estadía de observación tres docentes no noso centro visitarán outro centro educativo europeo. Contaremos unha Aula Virtual de traballo, similar á que tivemos na III Fase, para que todos os docentes inscritos no programa podamos ir evidenciando o desenvolvemento da nosa participación no programa, e de maneira grupal deberemos elaborar un produto final.
04 outubro 2024
Programa Observa-Acción:IV Fase Internalización; 1ª reunión
Convidamos a todo o profesorado do CPI Virxe da Cela a asistir á primeira reunión da Fase IV do Programa Observa-Acción, que celebraremos o venres 4 de outubro ás as 13.50 h na biblioteca do centro. Este proxecto ten como finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes a partir da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos participantes, o intercambio de boas prácticas e a implementación das aprendizaxes na aulas e no centro para a mellora da calidade educativa. Así, estamos ante una oportunidade de desenvolvemento profesional docente a través da experiencia en realidades diferenciadas.
Desta forma, participamos na súa I Fase que se centrou na observación entre iguais no propio centro. Aquí, descubrimos que formamos un gran equipo de profesionais con moitas potencialidades que non poden quedar illadas nas aulas.
A II Fase centrouse na observación entre centros da mesma Comunidade. Neste caso co CEIP de Ardán (Marín). Foi especialmente significativa pola forma na que atenden a diversidade nas súas aulas e pola implicación da comunidade na vida do centro. Por exemplo, traballan tendo como base a docencia compartida e aproveitan de forma espectacular as historias sociais.
Unha vez rematada esta, tivemos a III Fase, neste caso viaxamos a Madrid en compañía de profesorado de centros da comarca de Ferrol. Concretamente, o profesorado do centro visitou o CEIP Pintor Rosales do que podemos destacar o tratamento integral das linguas que realizan con moi bos resultados e un compromiso decidido co proxecto Loba.
En ambas ocasións (Fase II e Fase III) profesorado dos centros mencionados visitaron tamén o noso. Sendo experiencias cheas de conversas e reflexións que deixaron pegada.
Neste intre, ao superar as fases anteriores estamos na que será a derradeira (IV Fase). O intercambio de experiencias cun centro dun estado europeo, pendente de concretar. Desta forma, antes de dar comezo ás actuacións queremos convidar ao conxunto do claustro a que vos unades a iniciativa se así o considerades. Para ver un pouco, o desenvolvemento das actuacións remitimos o enlace ás entradas da fase anterior que se atopan na revista dixital do centro (blogue Xesteira).
https://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/search/label/Observa%20Acci%C3%B3n%202023-2024
10 xuño 2024
Ambientes de aprendizaxe: visita do CPI Castro Baxo
Este curso o CPI Castro Baxoi (Miño) mostrou interese por contar con ambientes de aprendizaxe no seu centro. Desta forma abrimos as portas das aulas de infantil para que coñecesen como os estamos a desenvolver no centro.
Puideron ver os catro ambientes de aprendizaxe (28 de maio): O ambiente de xogo
simbólico e construtivo; o ambiente artístico e sensorial; o ambiente de luces
e sombras; e o ambiente de ciencias, lecto e mates.
Explicámoslles o seu funcionamento:
- O alumnado de infantil divídese en catro grupos mixtos con nenos e
nenas de 3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O
grupo cambia cada de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha
semana en cada un.
- As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a
preparalo, facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o
material necesario para cada ambiente e proposta.
Tamén, invitóuselles a que visitar a
páxina web e blog de infantil onde a etapa pon periodicamente situacións de
aprendizaxe dentro destes por ambientes.
Trala súa visita, na que comparamos toda a experiencia vivida no Erasmus co
noso centro e a nosa realidade, comentáronnos que saían motivadas e contentas,
con moitas ideas para poder adaptar a metodoloxía á súa realidade e ao alumnado
do seu centro.
01 decembro 2023
Mobilidade ERASMUS a Turquía
27 novembro 2023
30 maio 2023
Visita do CEIP Ponte de Xuvia
No Erasmus de Pistoia coincidimos os centros educativos e compartindo
experiencias nos momentos libres entre visita e visita tratamos o
tema dos ambientes de aprendizaxe.
No CEIP de Xuvia están pensando en implementar está metodoloxía en infantil e no 1º ciclo de
primaria e comentábannos que precisaban ideas prácticas e reais realizadas nos
coles que puidesen axudarlles a arrincar con esta metodoloxía.
Contaron que tiñan formación teórica pero lles gustaría ver exemplos reais
nos centros educativos nos que se está a traballar con esta metodoloxía. Así
xurdiu a súa visita ao noso centro.
Invitámolas a que visitasen a páxina web e blog de infantil onde colgamos periodicamente
o noso traballo por ambientes. Nestes dous espazos dámoslle visibilidade as nosas actividades é resultan un
bo recurso para atopar ideas sobre esta metodoloxía . Para o 12 de maio organizamos unha visita ao noso centro para
que viran aos nenos e nenas de infantil traballando nos ambientes.
Puideron ver que contamos con catro ambientes de aprendizaxe: O ambiente de
xogo simbólico e contructivo; o ambiente artístico e sensorial; o ambiente de
luces e sombras; e o ambiente de ciencias, lecto e mates.
O alumnado de infantil divídese en catro grupos mixtos con nenos e nenas de
3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada
de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.
As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo,
facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material
necesario para cada ambiente e proposta.
Trala súa visita, na que comparamos toda a experiencia vivida no Erasmus co
noso centro e a nosa realidade, comentáronnos que saían motivadas e contentas,
con moitas ideas para poder adaptar a metodoloxía á súa realidade e ao alumnado
do seu centro.
11 maio 2023
Proxecto EduExchanges
Durante o curso escolar 2022-2023, o alumnado do 6º curso da educación primaria estivo participando nun proxecto colaborativo dentro do programa EduExchanges. Este proxecto de intercambio virtual realizouse co alumnado do mesmo nivel do colexio Brusnice Primary School (Eslovenia).
Realizaron diferentes actividades dentro da programación da área de Inglés e o desenvolvemento delas axudou a que o alumnado dos dous países se coñecese a través de correspondencia dixital e postal, da creación de xogos en liña e tamén mediante videoconferencias.
Grazas a esta colaboración, tiveron a oportunidade de compartir as celebracións e conmemoracións que se levan a cabo en ambos colexios e que forman parte da cultura popular das dúas realidades compartidas.
Imaxe: composición autoeditada do desenvolvemento do programa.
10 maio 2023
Erasmus +: Ambientes de aprendizaxe
Durante este curso 2022-23 comezamos a traballar cos ambientes de
aprendizaxe.
En cursos anteriores estivémonos preparando e formándonos sobre esta
metodoloxía e cambiando os espazos intentando adaptalos á nova metodoloxía.
Actualmente contamos con 4 ambientes de aprendizaxe:
-Ambiente de xogo simbólico e construtivo.
-Ambiente artístico e sensorial.
-Ambiente de luces e sombras.
-Ambiente de ciencias, lecto e mates
O alumnado de infantil divídese en 4 grupos mixtos con nenos e nenas de 3 a
6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada de
semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.
As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo, facer
as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material necesario para
cada ambiente e proposta.
Trala visita á Pistoia puidemos coller múltiples ideas de materiais e estruturas
de espazo para cada ambiente.
Imaxe autoeditada
Aínda que non contamos coa súa ratio, puidemos ver que traballamos de xeito
similar en varios aspectos como as temáticas a traballar nos ambientes, os
materiais non estruturados e que proveñen da natureza, material de refugallo...
Así, unha vez realizada a actividade de formación no estranxeiro propuxemos
as melloras adaptadas á nosa realidade e decidimos crear un banco de materiais
non estruturados aos que darlle unha segunda vida na escola cun fin pedagóxico.
Para iso, redactamos unha carta para as familias onde lles pedimos a súa
colaboración coa aportación de diferente tipo de material co que completar os
ambientes (material construtivo, da natureza, anacos de tela, texturas...).
Ademais, en Pistoia puidemos ver como as escolas dividían ao (coma nós) en grupos máis pequenos e distribuíanse nun mesmo espazo durante unha semana, respectando o seu traballo e xogo sen tocar ata o día seguinte, filosofía que nós tamén levamos a cabo con esta metodoloxía.
Como conclusión, foi unha experiencia moi gratificante na que puidemos ver
os nosos puntos fortes e potencialos e aqueles que necesitamos mellorar.
Gracias a esta visita temos como obxectivo principal crear un gran banco de
materiais para cada ambiente que permita aos nenos e nenas crecer e
desenvolverse segundo os seus intereses e necesidades de xogo.
01 abril 2023
Visita ao Niño Il Faro.
É unha escola de 0 a 3 anos con 14 bebés de 3 a 12 meses e 3 mestras; 14 criaturas de 1 a 2 anos con tres educadoras e 18 nenos e nenas de 2 a 3 anos con dúas educadoras. Ademais, na escola contan con tres colaboradoras e dúas persoas en cociña.
Traballan a partir de proxectos contando coa colaboración das familias (polas tardes). Desta forma, ensínanlles como xogar e pasar tempo de calidade cos seus propios fillos e fillas. O máis importante é compartir as propostas e xerar cohesión de grupo.
Este curso contan cunha estancia “do marabilloso” onde todo relacionase coa pedagoxía da narración. Neste senso, colaboran cun artista especializado en teatro dos sentidos de Barcelona realizando con el cursos de formación. O proxecto do ano anterior foi “O frasco das emocións” ou “Emocións nun frasco” baseado no conto “Nun tarro de cristal”.
O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS
Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...
-
Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...
-
A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...
-
A profe de Música de Primaria estivo esta semana en Alemaña participando no programa Erasmus+ sobre inclusión e integración. Coma sempre, a...







Hoxe reunímonos os mestres que imos ir de viaxe a Split para elaborar a presentación do noso centro que será enviada a Croacia a través do CFR de Ferrol.





