10 maio 2023

Erasmus +: Ambientes de aprendizaxe

 

Durante este curso 2022-23 comezamos a traballar cos ambientes de aprendizaxe.

En cursos anteriores estivémonos preparando e formándonos sobre esta metodoloxía e cambiando os espazos intentando adaptalos á nova metodoloxía.

Actualmente contamos con 4 ambientes de aprendizaxe:

-Ambiente de xogo simbólico e construtivo.

-Ambiente artístico e sensorial.

-Ambiente de luces e sombras.

-Ambiente de ciencias, lecto e mates

O alumnado de infantil divídese en 4 grupos mixtos con nenos e nenas de 3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.

As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo, facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material necesario para cada ambiente e proposta.

Trala visita á Pistoia puidemos coller múltiples ideas de materiais e estruturas de espazo para cada ambiente.


                                                                 
  Imaxe autoeditada

Aínda que non contamos coa súa ratio, puidemos ver que traballamos de xeito similar en varios aspectos como as temáticas a traballar nos ambientes, os materiais non estruturados e que proveñen da natureza, material de refugallo...

Así, unha vez realizada a actividade de formación no estranxeiro propuxemos as melloras adaptadas á nosa realidade e decidimos crear un banco de materiais non estruturados aos que darlle unha segunda vida na escola cun fin pedagóxico. Para iso, redactamos unha carta para as familias onde lles pedimos a súa colaboración coa aportación de diferente tipo de material co que completar os ambientes (material construtivo, da natureza, anacos de tela, texturas...).

Ademais, en Pistoia puidemos ver como as escolas dividían ao (coma nós) en grupos máis pequenos e distribuíanse nun mesmo espazo durante unha semana, respectando o seu traballo e xogo sen tocar ata o día seguinte, filosofía que nós tamén levamos a cabo con esta metodoloxía.

Como conclusión, foi unha experiencia moi gratificante na que puidemos ver os nosos puntos fortes e potencialos e aqueles que necesitamos mellorar. Gracias a esta visita temos como obxectivo principal crear un gran banco de materiais para cada ambiente que permita aos nenos e nenas crecer e desenvolverse segundo os seus intereses e necesidades de xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS

Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...