30 maio 2023

Visita do CEIP Ponte de Xuvia

 

No Erasmus de Pistoia coincidimos os centros educativos e compartindo experiencias nos momentos libres entre visita e visita tratamos o tema dos ambientes de aprendizaxe.

No CEIP de Xuvia están pensando en implementar está metodoloxía en infantil e no 1º ciclo de primaria e comentábannos que precisaban ideas prácticas e reais realizadas nos coles que puidesen axudarlles a arrincar con esta metodoloxía.

Contaron que tiñan formación teórica pero lles gustaría ver exemplos reais nos centros educativos nos que se está a traballar con esta metodoloxía. Así xurdiu a súa visita ao noso centro.

Invitámolas a que visitasen a páxina web e blog de infantil onde colgamos periodicamente o noso traballo por ambientes. Nestes dous espazos dámoslle visibilidade as nosas actividades é resultan un bo recurso para atopar ideas sobre esta metodoloxía . Para o 12 de maio  organizamos unha visita ao noso centro para que viran aos nenos e nenas de infantil traballando nos ambientes.

Puideron ver que contamos con catro ambientes de aprendizaxe: O ambiente de xogo simbólico e contructivo; o ambiente artístico e sensorial; o ambiente de luces e sombras; e o ambiente de ciencias, lecto e mates.

O alumnado de infantil divídese en catro grupos mixtos con nenos e nenas de 3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.

As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo, facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material necesario para cada ambiente e proposta.

Trala súa visita, na que comparamos toda a experiencia vivida no Erasmus co noso centro e a nosa realidade, comentáronnos que saían motivadas e contentas, con moitas ideas para poder adaptar a metodoloxía á súa realidade e ao alumnado do seu centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio

  A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...