04 outubro 2024

Programa Observa-Acción:IV Fase Internalización; 1ª reunión






Convidamos a todo o profesorado do CPI Virxe da Cela  a asistir á primeira reunión da Fase IV do Programa Observa-Acción, que celebraremos o venres 4 de outubro ás as 13.50 h na biblioteca do centro. Este proxecto ten como finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes a partir da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos participantes, o intercambio de boas prácticas e a implementación das aprendizaxes na aulas e no centro para a mellora da calidade educativa. Así, estamos ante una oportunidade de desenvolvemento profesional docente a través da experiencia en realidades diferenciadas.

Desta forma, participamos na súa I Fase que se centrou na observación entre iguais no propio centro. Aquí, descubrimos que formamos un gran equipo de profesionais con moitas potencialidades que non poden quedar illadas nas aulas.

II Fase centrouse na observación entre centros da mesma Comunidade. Neste caso co CEIP de Ardán (Marín). Foi especialmente significativa pola forma na que atenden a diversidade nas súas aulas e pola implicación da comunidade na vida do centro. Por exemplo, traballan tendo como base a docencia compartida e aproveitan de forma espectacular as historias sociais.

Unha vez rematada esta, tivemos a III Fase, neste caso viaxamos a Madrid en compañía de profesorado de centros da comarca de Ferrol. Concretamente, o profesorado do centro visitou o CEIP Pintor Rosales do que podemos destacar o tratamento integral das linguas que realizan con moi bos resultados e un compromiso decidido co proxecto Loba.

En ambas ocasións (Fase II e Fase III) profesorado dos centros mencionados visitaron tamén o noso. Sendo experiencias cheas de conversas e reflexións que deixaron pegada.

Neste intre, ao superar as fases anteriores estamos na que será a derradeira (IV Fase). O intercambio de experiencias cun centro dun estado europeo, pendente de concretar. Desta forma, antes de dar comezo ás actuacións queremos convidar ao conxunto do claustro a que vos unades a iniciativa se así o considerades. Para ver un pouco, o desenvolvemento das actuacións remitimos o enlace ás entradas da fase anterior que se atopan na revista dixital do centro (blogue Xesteira).

https://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/search/label/Observa%20Acci%C3%B3n%202023-2024


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Estonian Educational Excellence: from PISA to Pedagogy through Innovation: presentación do sistema educativo estonio

  A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...