05 abril 2022

Visita a Compostela.

Como non todo ía ser STEM, hoxe levamos aos nosos visitantes coñecer Compostela. A xornada comezou nas alturas pois a primeira actividade ao chegarmos foi visitar os tellados da catedral. Menudas vistas! Non estabamos acostumadas a termos semellante perspectiva!. 




As nosas guías explicáronnos toda a historia da construción da catedral e un lote de anécdotas ben curiosas. Por exemplo, que ata o ano 1962, o campaneiro e a súa familia vivían nunha casiña construída sobre as cubertas. Ou como a lenda conta que, nunha determinada zona dos tellados os peregrinos queimaban as roupas coas que fixeran o camiño como símbolo de purificación tras a viaxe. Se non è vero, è ben trovato...


Despois de termos tempo libre para desfrutar das rúas da zona vella e aproveitar para xantar, entramos visitar o Pórtico da Gloria para admirar as pinturas románicas recentemente recuperadas. 


Aínda nos quedou outro anaquiño para pasear e aproveitar e facer algunha compra, que sempre gusta levar un recordo. 



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS

Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...