Ao longo do día de onte e en tres quendas, foron chegando ao Xestal todos os nosos convidados e convidadas. E hoxe comezamos as actividades no centro empezando por presentármonos a nós, ao cole e as actividades.
Alicia e as Andreas comezaron como mestras de cerimonias facendo entrega do programa da semana. O fondo non podía ser máis acaído: o mapa pintado polo alumnado de 4º ESO coa profe de Plástica, Marta, para conmemorar a visita Erasmus.
Unha vez nos coñecemos, Matías e Marcos tomaron a batuta e guiaron a toda a expedición arredor do cole para ensinarlles as nosas instalacións: biblioteca, laboratorio, aulas de informática e tecnoloxía, pavillón, patios...Como non todo ía ser traballar, despois da ruta fixemos unha pequena pausa para o café e seguir coñecéndonos.
A xornada matutina finalizou co "Erasmus Game". Por equipos, agora que xa coñecían o centro, tiveron que ir buscando pistas por diferentes espazos. A resposta ás preguntas agochadas, permitíalles avanzar polo taboleiro ata chegar á meta.
Despois do xantar no comedor, ola tarde, Jaime agardábanos no pavillón para diferentes actividades de programación. Axiña vimos aos robots correr pola pista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario