07 febreiro 2020

LET´S TALK SOME STEM!!

Let´s talk some STEM é o nome dun novo proxecto do Virxe da Cela. Desenvolverémolo no marco do programa europeo Erasmus+ KA229 "Cooperation for innovation and the exchange of good practices". 


Que obxectivos ten este programa? Pois busca mellorar a calidade e a internacionalización do centro, formar ao estudantado en TIC´s e competencias dixitais, favorecer a multiculturalidade e o plurilingüismo, coñecer outras realidades e xeitos de traballar diferentes... E todo isto a través do intercambio con catro países. 
Quen participamos neste proxecto? O noso cole non se embarcou só nesta aventura, senón que o fai xunto con outros catro centros: 


JOROINEN LUKIO. 
É o socio organizador e sé da primeira mobilidade que terá lugar no mes de febreiro. Joroinen é unha localidade finesa de aproximadamente 5000 habitantes e rodeada dunha natureza espectacular. 

AGRUPAMENTO DE ESCOLAS DE CASTRO VERDE. Castro Verde sitúase no Alentejo portugués, e na primavera deste ano, concretamente a comezos do mes de maio, acollerá a segunda estadía dos socios do proxecto.  
 
Os outros dous socios serán os anfitrións nas próximas dúas mobilidades, xa no curso 2020- 2021.
SCOALA GIMNAZIALA NICOLAE ROMANESCUÉ o noso socio rumano. A escola Gimnaziala Nicolae Romanescu é un centro de Craiova, cidade a medio camiño entre os Cárpatos e o Danubio moi coñecia pola súa universidade.  



KALAY AYDINKENT KOLEJI Este colexio turco é o cuarto dos socios. Unha das súas particularidades é que é un centro privado. Localízase Aydin, unha vila do Exeo turco,  cunha fonda historia.
Quen participaremos neste proxecto? A idea é que o conxunto da comunidade educativa participe neste programa ao longo dos dous cursos no que se vai desenvolver. A cada unha das distintas mobilidades acudiremos 5 ou 6 alumnos e alumnas de entre 13 e 17 anos máis dous profes. Cada mobilidade terá os seus criterios de escolla dos participantes, mais todos virarán arredor dos bos resultados en Inglés, do traballo, do esforzo... Así que... Xa sabedes!! 😉😉
Ademais, non esquezades que a finais do vindeiro curso o noso cole será o anfitrión. No Xestal recibiremos aos compañeiros e compañeiras dos outros centros e aquí teremos boa oportunidade para colaborar de moitos xeitos posibles.  
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...