O pasado novembro dúas profesoras comezaron a andaina no proxecto Erasmus + no que participa o noso centro viaxando directamente á capital romanesa.
A nosa directora Camino e Laura, a profesora de francés, foron as encargadas de coller o avión para encontrarse por primeira vez cos representantes dos países participantes.
Foron tres días intensos que serviron para arrancar o proxecto e coñecer ós nosos compañeiros.
E… que escolas participan?
- Dende Romanía, preséntase a Escola secundaria Nicolae Romanescu situada na cidade de Craiova, a 184 km de Bucarest e ela mesma preséntase como unha escola que mestura modernidade e valores tradicionais.
- O Agrupamento de Escolas de Castro Verde vén representando o noso país veciño, Portugal. Este agrupamento comprende sete escolas que brindan educación preescolar, básica e secundaria.
- Por outra banda, a Escola Secundaria Aydinkent participa dende Turquía e foi a encargada de crear o logo do proxecto.
- E por último, coñeceremos a escola do país organizador, Finlandia. Joroisten Lukio é unha escola secundaria animada e acolledora que ofrece educación de calidade e unha ampla gama de cursos que inclúen idiomas, emprendemento, medios e robótica. Ademais, son uns expertos en programas europeos.
Xa dende o Xestal, o equipo de profesores e de profesoras segue a coordinarse e a traballar para acadar o mellor resultado posible nesta experiencia. Vai ser unha experiencia única!
Espazo para difundirmos actividades, novas e eventos internacionais nos que participa o noso cole.
07 febreiro 2020
VIAXE A BUCAREST
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS
Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...
-
Levadia (Grecia), do 2 ao 9 de febreiro 2019. Robótica. CFR Ferrol. Camino Pereiro, Cristina Cillero, Verónica Dopico Lebadea by veracr...
-
A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...
-
Despois de tanto tempo lonxe deste e doutros proxectos, agora que a pandemia semella ir mellorando e dar algo de tregua, retomamos o Erasm...
Ningún comentario:
Publicar un comentario