11 febreiro 2020

ERASMUS+: INCLUSIÓN EN DIJON.



A mediados de febreiro as nosas profes de Francés e Historia van participar nunha nova mobilidade no marco do programa Erasmus+. Desta volta, será na Borgoña francesa e, aínda que a sé é a cidade de Dijon, poderán coñecer centros de distintas localidades (Auxerre, Saint Florentin, Beaune ou Saint Apolinaire...).



O obxectivo desta mobilidade é ver como se traballa a inclusión noutros centros e noutro sistema educativo, para poder aprender estratexias e xeitos de traballar que incorporar á volta para facer do noso cole un centro máis inclusivo e no que sexamos quen de implementar mecanismos de inclusión máis eficaces. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS

Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...