Espazo para difundirmos actividades, novas e eventos internacionais nos que participa o noso cole.
27 novembro 2023
30 maio 2023
Visita do CEIP Ponte de Xuvia
No Erasmus de Pistoia coincidimos os centros educativos e compartindo
experiencias nos momentos libres entre visita e visita tratamos o
tema dos ambientes de aprendizaxe.
No CEIP de Xuvia están pensando en implementar está metodoloxía en infantil e no 1º ciclo de
primaria e comentábannos que precisaban ideas prácticas e reais realizadas nos
coles que puidesen axudarlles a arrincar con esta metodoloxía.
Contaron que tiñan formación teórica pero lles gustaría ver exemplos reais
nos centros educativos nos que se está a traballar con esta metodoloxía. Así
xurdiu a súa visita ao noso centro.
Invitámolas a que visitasen a páxina web e blog de infantil onde colgamos periodicamente
o noso traballo por ambientes. Nestes dous espazos dámoslle visibilidade as nosas actividades é resultan un
bo recurso para atopar ideas sobre esta metodoloxía . Para o 12 de maio organizamos unha visita ao noso centro para
que viran aos nenos e nenas de infantil traballando nos ambientes.
Puideron ver que contamos con catro ambientes de aprendizaxe: O ambiente de
xogo simbólico e contructivo; o ambiente artístico e sensorial; o ambiente de
luces e sombras; e o ambiente de ciencias, lecto e mates.
O alumnado de infantil divídese en catro grupos mixtos con nenos e nenas de
3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada
de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.
As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo,
facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material
necesario para cada ambiente e proposta.
Trala súa visita, na que comparamos toda a experiencia vivida no Erasmus co
noso centro e a nosa realidade, comentáronnos que saían motivadas e contentas,
con moitas ideas para poder adaptar a metodoloxía á súa realidade e ao alumnado
do seu centro.
11 maio 2023
Proxecto EduExchanges
Durante o curso escolar 2022-2023, o alumnado do 6º curso da educación primaria estivo participando nun proxecto colaborativo dentro do programa EduExchanges. Este proxecto de intercambio virtual realizouse co alumnado do mesmo nivel do colexio Brusnice Primary School (Eslovenia).
Realizaron diferentes actividades dentro da programación da área de Inglés e o desenvolvemento delas axudou a que o alumnado dos dous países se coñecese a través de correspondencia dixital e postal, da creación de xogos en liña e tamén mediante videoconferencias.
Grazas a esta colaboración, tiveron a oportunidade de compartir as celebracións e conmemoracións que se levan a cabo en ambos colexios e que forman parte da cultura popular das dúas realidades compartidas.
Imaxe: composición autoeditada do desenvolvemento do programa.
10 maio 2023
Erasmus +: Ambientes de aprendizaxe
Durante este curso 2022-23 comezamos a traballar cos ambientes de
aprendizaxe.
En cursos anteriores estivémonos preparando e formándonos sobre esta
metodoloxía e cambiando os espazos intentando adaptalos á nova metodoloxía.
Actualmente contamos con 4 ambientes de aprendizaxe:
-Ambiente de xogo simbólico e construtivo.
-Ambiente artístico e sensorial.
-Ambiente de luces e sombras.
-Ambiente de ciencias, lecto e mates
O alumnado de infantil divídese en 4 grupos mixtos con nenos e nenas de 3 a
6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada de
semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.
As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo, facer
as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material necesario para
cada ambiente e proposta.
Trala visita á Pistoia puidemos coller múltiples ideas de materiais e estruturas
de espazo para cada ambiente.
Imaxe autoeditada
Aínda que non contamos coa súa ratio, puidemos ver que traballamos de xeito
similar en varios aspectos como as temáticas a traballar nos ambientes, os
materiais non estruturados e que proveñen da natureza, material de refugallo...
Así, unha vez realizada a actividade de formación no estranxeiro propuxemos
as melloras adaptadas á nosa realidade e decidimos crear un banco de materiais
non estruturados aos que darlle unha segunda vida na escola cun fin pedagóxico.
Para iso, redactamos unha carta para as familias onde lles pedimos a súa
colaboración coa aportación de diferente tipo de material co que completar os
ambientes (material construtivo, da natureza, anacos de tela, texturas...).
Ademais, en Pistoia puidemos ver como as escolas dividían ao (coma nós) en grupos máis pequenos e distribuíanse nun mesmo espazo durante unha semana, respectando o seu traballo e xogo sen tocar ata o día seguinte, filosofía que nós tamén levamos a cabo con esta metodoloxía.
Como conclusión, foi unha experiencia moi gratificante na que puidemos ver
os nosos puntos fortes e potencialos e aqueles que necesitamos mellorar.
Gracias a esta visita temos como obxectivo principal crear un gran banco de
materiais para cada ambiente que permita aos nenos e nenas crecer e
desenvolverse segundo os seus intereses e necesidades de xogo.
01 abril 2023
Visita ao Niño Il Faro.
É unha escola de 0 a 3 anos con 14 bebés de 3 a 12 meses e 3 mestras; 14 criaturas de 1 a 2 anos con tres educadoras e 18 nenos e nenas de 2 a 3 anos con dúas educadoras. Ademais, na escola contan con tres colaboradoras e dúas persoas en cociña.
Traballan a partir de proxectos contando coa colaboración das familias (polas tardes). Desta forma, ensínanlles como xogar e pasar tempo de calidade cos seus propios fillos e fillas. O máis importante é compartir as propostas e xerar cohesión de grupo.
Este curso contan cunha estancia “do marabilloso” onde todo relacionase coa pedagoxía da narración. Neste senso, colaboran cun artista especializado en teatro dos sentidos de Barcelona realizando con el cursos de formación. O proxecto do ano anterior foi “O frasco das emocións” ou “Emocións nun frasco” baseado no conto “Nun tarro de cristal”.
O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS
Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...
-
Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...
-
A partir dos materiais aportados e da información recollida na estadia formativa organizada polo CFR de Ferrol elaboramos a seguinte pres...
-
A profe de Música de Primaria estivo esta semana en Alemaña participando no programa Erasmus+ sobre inclusión e integración. Coma sempre, a...


