No Erasmus de Pistoia coincidimos os centros educativos e compartindo
experiencias nos momentos libresentre visita e visita tratamos o
tema dos Ambientes de aprendizaxe.
No CEIP de Xuvia están pensando en implementar está metodoloxía en infantil e no 1º ciclo de
primaria e comentábannos que precisaban ideas prácticas e reais realizadas nos
coles que puidesen axudarlles a arrincar con esta metodoloxía.
Contaron que tiñan formación teórica pero lles gustaría ver exemplos reais
nos centros educativos nos que se está a traballar con esta metodoloxía. Así
xurdiu a súa visita ao noso centro.
Invitámolas a que visitasen a páxina web e blog de infantil onde colgamos periodicamente
o noso traballo por ambientes. Nestes dous espazos dámoslle visibilidade as nosas actividades é resultan un
bo recurso para atopar ideas sobre esta metodoloxía . Para o 12 de maio organizamos unha visita ao noso centro para
que viran aos nenos e nenas de infantil traballando nos ambientes.
Puideron ver que contamos con catro ambientes de aprendizaxe: O ambiente de
xogo simbólico e contructivo; o ambiente artístico e sensorial; o ambiente de
luces e sombras; e o ambiente de ciencias, lecto e mates.
O alumnado de infantil divídese en catro grupos mixtos con nenos e nenas de
3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada
de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.
As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo,
facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material
necesario para cada ambiente e proposta.
Trala súa visita, na que comparamos toda a experiencia vivida no Erasmus co
noso centro e a nosa realidade, comentáronnos que saían motivadas e contentas,
con moitas ideas para poder adaptar a metodoloxía á súa realidade e ao alumnado
do seu centro.