19 febreiro 2020

ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS+ EN FERROL






   

      Os días 15 e 16 de xaneiro 2020 desenvolveuse no CFR de Ferrol a actividade formativa Encontro internacional ERASMUS+ Ferrol 2020 no que amosáronse as posibilidades dos proxectos europeos nos centros educativos.  Neste Encontro contamos coa presenza de profesorado de País de Gales, Polonia e Finlandia que están desenvolve proxectos Erasmus + no ámbito do CFR de Ferrol.
        A primeira sesión, o día 15 de xaneiro, foi no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS) da Cabana de 16:00 a 19:00 horas. Nesta sesión celebrouse un evento multiplicador no que os centros que desenvolven proxectos KA201expuxeron os resultados acadados ata o de agora e os centros con proxectos KA101coordinados polo CFR de Ferrol. Tamén se realizaron talleres simultáneos onde se puxeron en común achegas tanto persoais como do centro educativo en relación co desenvolvemento dos proxectos. 
     O segundo día, o 16 de xaneiro, a actividade levouse a cabo no CIFP Ferrolterra entre as 16:00 e as 19:00 horas. O tema a tratar foi o uso de Etwinning. Amosáronse posibilidades prácticas e contouse coa presenza dos responsables Etwinning en Galicia e a centros galardoados con selos de calidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...