29 outubro 2024

18 outubro 2024

Programa Observa-Acción: IV Fase Internalización, 3ª reunión

Unha vez constituido o novo grupo de traballo empezamos coa planificación Dunia novo reto: preparar a visita Job-Shadowing dun grupo de docentes belgas (prevista para o martes 12 de novembro 2024). 

A temática xeral estará ao redor da aprendizaxe matemática polo que precisamos poñer en común as nosas potencialidades para ofrecer unhas propostas de calidade ao profesorado participante na estadia.

    Imaxe da reunión realizada na biblioteca do centro.


10 outubro 2024

Programa Observa-Acción: IV Fase Internalización; 2-ª reunión

Unha nova reunión do profesorado que está a participar no Programa Observa-Acción tivo lugar na biblioteca escolar o xoves 10 de outubro 2024, ás 14:00 horas. Nesta segunda reunión do curso académico 2024-2025 abordouse a natureza desta IV Fase Internacional, caracterizándose esta etapa  nunha experiencia de colaboración cun centro educativo doutro país asociado ao programa co que intercambiará boas prácticas docentes compartindo, colaborando e reflexionando. Nesta estadía de observación tres docentes no noso centro visitarán outro centro educativo europeo. Contaremos unha Aula Virtual de traballo, similar á que tivemos na III Fase, para que todos os docentes inscritos no programa podamos ir   evidenciando o desenvolvemento da nosa participación no programa, e de maneira grupal deberemos elaborar un produto final. 


04 outubro 2024

Programa Observa-Acción:IV Fase Internalización; 1ª reunión






Convidamos a todo o profesorado do CPI Virxe da Cela  a asistir á primeira reunión da Fase IV do Programa Observa-Acción, que celebraremos o venres 4 de outubro ás as 13.50 h na biblioteca do centro. Este proxecto ten como finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes a partir da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos participantes, o intercambio de boas prácticas e a implementación das aprendizaxes na aulas e no centro para a mellora da calidade educativa. Así, estamos ante una oportunidade de desenvolvemento profesional docente a través da experiencia en realidades diferenciadas.

Desta forma, participamos na súa I Fase que se centrou na observación entre iguais no propio centro. Aquí, descubrimos que formamos un gran equipo de profesionais con moitas potencialidades que non poden quedar illadas nas aulas.

A II Fase centrouse na observación entre centros da mesma Comunidade. Neste caso co CEIP de Ardán (Marín). Foi especialmente significativa pola forma na que atenden a diversidade nas súas aulas e pola implicación da comunidade na vida do centro. Por exemplo, traballan tendo como base a docencia compartida e aproveitan de forma espectacular as historias sociais.

Unha vez rematada esta, tivemos a III Fase, neste caso viaxamos a Madrid en compañía de profesorado de centros da comarca de Ferrol. Concretamente, o profesorado do centro visitou o CEIP Pintor Rosales do que podemos destacar o tratamento integral das linguas que realizan con moi bos resultados e un compromiso decidido co proxecto Loba.

En ambas ocasións (Fase II e Fase III) profesorado dos centros mencionados visitaron tamén o noso. Sendo experiencias cheas de conversas e reflexións que deixaron pegada.

Neste intre, ao superar as fases anteriores estamos na que será a derradeira (IV Fase). O intercambio de experiencias cun centro dun estado europeo, pendente de concretar. Desta forma, antes de dar comezo ás actuacións queremos convidar ao conxunto do claustro a que vos unades a iniciativa se así o considerades. Para ver un pouco, o desenvolvemento das actuacións remitimos o enlace ás entradas da fase anterior que se atopan na revista dixital do centro (blogue Xesteira).

https://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/search/label/Observa%20Acci%C3%B3n%202023-2024


10 xuño 2024

Ambientes de aprendizaxe: visita do CPI Castro Baxo

Este curso o CPI Castro Baxoi (Miño) mostrou interese por contar con ambientes de aprendizaxe no seu centro. Desta forma abrimos as portas das aulas de  infantil para que coñecesen como os estamos a desenvolver no centro. 

Puideron ver os catro ambientes de aprendizaxe (28 de maio): O ambiente de xogo simbólico e construtivo; o ambiente artístico e sensorial; o ambiente de luces e sombras; e o ambiente de ciencias, lecto e mates.

Explicámoslles o seu funcionamento:

  • O alumnado de infantil divídese en catro grupos mixtos con nenos e nenas de 3 a 6 anos e cada grupo pasa por un ambiente fixo á semana. O grupo cambia cada de semana de ambiente, pasando ao final de mes unha semana en cada un.
  • As mestras estamos o mes enteiro nun ambiente e abdicámonos a preparalo, facer as propostas e provocacións de xogo e contar con todo o material necesario para cada ambiente e proposta.

Tamén, invitóuselles a que visitar a páxina web e blog de infantil onde a etapa pon periodicamente situacións de aprendizaxe dentro destes  por ambientes. 
Trala súa visita, na que comparamos toda a experiencia vivida no Erasmus co noso centro e a nosa realidade, comentáronnos que saían motivadas e contentas, con moitas ideas para poder adaptar a metodoloxía á súa realidade e ao alumnado do seu centro.


O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS

Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...