02 febreiro 2022

Próximo destino... Turquía!

 


Este curso non temos parada! Non ben chegou a expedición a Portugal que xa temos que volver facer a maleta para a seguinte mobilidade. Desta volta, o alumnado do Virxe da Cela marcha a Turquía a última semana de febreiro.

Aló volverá coincidir cos países partricipantes no proxecto Let´s Talk Some STEM!  (Turquía,  Romanía, Finlandia e Portugal).

Desta volta, as actividades propostas polos socios turcos versarán sobre cambio climático polo que o estudantado deberá investigar sobre este fenómeno e as medidas tomadas por distintos países para presentalas, facer unha posta en común e debater sobre elas. 

Os cinco afortunados que viaxarán coas profes de Inglés e de Francés son Matías e Antía, de 4º da ESO; Íker, de 3º; e Marcos Areosa e Aarón, de 2º. Serán os encargados de preparar, en Inglés, os seus argumentos para participar nas distintas sesións de debate. Así que... estes días comezarán o traballo duro!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CPI VIRXE DA CELA EN BRUXELAS

Actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación” , coordinado por AGARESO, que terá l...