01 decembro 2023

Mobilidade ERASMUS a Turquía

Grazas ao proxecto ERASMUS e a formación que dentro del coordina o CFR de Ferrol achegámonos á metodoloxía STEAM dun xeito reflexivo e práctico: coñecendo, intercambiando impresións e construíndo experiencias para darlle valor ao STEAM nas nosas aulas desde unha “cultura maker”.

 Foi un proceso amplo, que sen dúbida nos levara a deseñar novas ideas para trasladar ás dinámicas do centro. Destacaremos, que dentro desta cultura de traballo é fundamental implicar ao alumnado e ao profesorado cara un traballo o traballo que conte con retos asumibles e viables que nos permitan achegarnos a posibles solucións ante as necesidades que se suscitan no día a día. 

Nel, póñense en xogo prácticas de investigación e experimentación, integrando as aprendizaxes das diferentes áreas e materias curriculares de xeito integral e cara un desenvolvemento competencial. 

Falamos de aplicar metodoloxías activas dentro da aprendizaxe STEAM: aprendizaxe cooperativo, baseado en retos e proxectos e aprendizaxe servizo entre outros. A través delas é o alumnado é quen constrúe a súa aprendizaxe resolvendo situacións problemáticas da vida cotiá. Para isto, ten que realizar un tratamento interdisciplinar dos coñecementos propios das áreas e materias curriculares na consecución do produto final fixado. 

Trátase de saber e ao tempo, de ser quen de facer desenvolvendo habilidades e destrezas cognitivas e físicas. Así, estamos ante un desenvolvemento competencial que implica: 
• Recoñecer e aplicar aprendizaxes con diferentes significados e procedentes de varias disciplinas de xeito integrado.
 • Conectar as aprendizaxes escolares coa realidade, recoñecendo o valor e a relación entre coñecemento e práctica como elementos integradores de experiencias e de aprendizaxes resolutivas. 
• Xerar habilidades de pensamento e de procesamento cognitivo pero tamén, de socialización e pensamento crítico. 
 • Desenvolver a autonomía e xerar motivación intrínseca no alumnado cara a aprendizaxe.
 • Cooperar para resolver situacións problemáticas de forma reflexiva e con capacidade resolutiva.
 • Xerar interdependencia positiva cara un obxectivo común, desde a axuda mutua e o compromiso e a responsabilidade persoal e grupal. 
 • Practicar o deseño da enxeñería relacionándoo con coñecementos variados (por exemplo, coa matemática) e con obxectos e mecanismos da vida cotiá. Para adquirir estas capacidades e competencias, as propostas teñen que partir dos intereses do alumnado tomando como base temáticas atractivas e próximas á súa cultura. 

Trátase de conectar a realidade curricular coa cotiá, de forma que se comprenda o estudado e este, adquira sentido práctico e funcional. Este foron algunhas das aprendizaxes que deixou esta mobilidade e punto de partida para desenvolver outras propostas de centro como son o Polo Creativo ou o proxecto Observa-Acción.

Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...