A nosa compañeira de Pedagoxía Terapéutica, participou do Programa de aprendizaxe e formación do profesorado enmarcado no proxecto ERASMUS+ KA1 na modalidade Stem – Teacher trainning Program- Math & Cience- , centrado nunhas xornadas que se celebraron en Varsovia do 25 ao 29 de abril deste
curso 2021-22. Esta formación, organizada desde o Centro de Formación do Profesorado -CFR- de Ferrol (Galicia), en coordinación co Centro Socioeducativo de Innovación e Formación da dita capital, o WCIES, permitiunos a 26 mestres e profesores, de todas as etapas educativas non universitarias, da comarca de Ferrolterra coñecer no seu contexto o sistema educativo polaco e as súas semellanzas e diferencias respecto ao noso e a súa visión pedagóxica.
O primeiro día tiveron unha primeira sesión de benvida e acollida por parte de Irena e Gosia, responsables da área pedagóxica, que os recibiron e empezaron a coñecer mediante unha dinámica de grupos a través da identificación cunha imaxe-postal dada, e coa que se presentaron. Explicaron a función pedagóxica, innovadora, de trámite e de asesoramento que leva a cabo este Centro -WCIES- , semellante ao noso CFR - centro de formación do profesorado-. Das moitas explicacións, destacan as circunstancias actuais nas que se atopan nun contexto de guerra do pais veciño, Ucraína, do que provén moito alumnado ás diferentes escolas e institutos polacos, aos que dotalos de maiores facilidades e servizos dentro dunha perspectiva inclusiva.
Este sentimento de acollida e solidariedade cos refuxiados uccraínos está moi arraigado entre a poboación polaca, que se sente identificada como vítima de guerras que sufriu ao longo da súa historia, sobre todo tralo sometemento do país ao dominio soviético, ou a persecución e matanza dos xudeus por parte dos nazis, en Varsovia, Cracovia... do que deixaron pegada os múltiples símbolos e monumentos ao longo da cidade varsoviana e que lembran a barbarie cometida.
A mesma reconstrución da cidade de Varsovia, trala 2ª guerra mundial adaptouse a criterios soviéticos, pero tendo en conta tamén a influencia da igrexa católica, que foi refuxio e bastión dunha boa parte da poboación durante as distintas contendas.
Esa mesma mañá explicaron as características do sistema educativo polaco, as etapas, os tipos de centros, a política de contratos do profesorado, como se leva a cabo a atención á diversidade, a orientación e o enfoque laboral, etc. Moi semellante ao noso país, en liñas xerais, aínda que contando cunhas probas diagnósticas nas distintas etapas educativas, empezando na de Educación Infantil, que determina que alumnos van necesitar un tipo de axuda ou outra ao longo da primaria, así como ao finalizar a etapa secundaria, que determina cara que perfil profesional ou educativo ten que continuar o alumnado. Así mesmo, tamén nos explicaron como atenden a alumnado estranxeiro e ucraíno particularmente, e que tratan de seguir un modelo inclusivo en todas as aulas.
Aos 26 mestres e profesores participantes nestas xornadas,entre os que se incluían dúas das organizadoras do CFR, Pilar e Lucía, repartíronos en dous grupos, segundoa temática de traballo:
1- grupo STEM -entorno da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática,
2- grupo Extremismo - sobre movementos sociais, culturais, diversidade, inclusión…
Mariló participou das actividades organizadas para o grupo STEM. E comenzouno grupo, relacionado co ámbito das Matemáticas, onde expuxeron a situación desta materia no currículo e nos resultados do informe Pisa, analizando os datos correspondentes a 2003 e como as melloras metodolóxicas levaron a incrementar os valores resultantes no último informe, en 2018.
Pola tarde visitaron o Xardín Botánico, a carón do palacio real, agora museo. Alí, un guía experto en botánica ensinoulles, en español, ademais das distintas especies vexetais, a historia de moitas delas e os cultivos mais recentes tamén realizados por alumnado universitario, ensinounos algúns dos recursos didácticos que realizaron para facer mais visible e entendible a todo visitante de calquera idade o contido neste Xardín. Exemplo deles son: carteis explicativos, caixa sensorial con distintos elementos naturais, caseta portátil con libros de consulta, carpeta-mostrario de tecidos de base vexetal de ampla gama de cores, etc.
O segundo día tiveron prácticas de laboratorio, onde experimentaron con distintas sustancias, realizando actividades como: cromotografías, efecto de exceso de azucre entre elementos combinados, ou o proceso no que se basea a formación do ámbar, moi típico desa terra. Pola tarde, visitaron o museo de Marie Curie para entender algo maiáis da apaixoante adicación á ciencia desta singular muller, descubridora do elemento químico Radio, no que hoxe en día se basean os aparellos de raios X . Ademais, xa no centro WCIES poideron escoitar a un grupo de rapaces e rapazas, entre 14-17anos, que npresentaron o seu proxecto de grupo solidario e reiv indicativo dosdereitos da xuventude e resto da poboación, con aspiracións a nivel local e estatal.
As dúas seguintes xornadas dedicáronse a visitar sendos centros educativos das dúas etapas obrigatorias.
Visita ao TONY HALIK´S PRIMARY SCHOOL
Os centros edu ativos como éste, de titularidade pública, adoitan incluir un número que lle é asignado polo correspondente organismo con competencias en educación. Neste colexio de educación primaria, foron recibidos polo equipo directivo que lle mostrou as instalacións e onde tamén os invitaron a xantar no comedor co alumnado que utiliza este servizo. Poideron coñecer, ademais de varias aulas, os despachos de dirección, secretaría, a sala do profesorado, orientación, aula de apoio, logopedia, aula de psicomotricidade, informática, ximnasio e vestiarios. No colexio danlle moita importancia ao fomento do deporte, dándose a circunstancia de que o actualmdirector, foi un destacado e recoñecido atleta.
Durante á visita a unha das aulas de Ciencias da Natureza, deicaron a sesión ao estudo das plantas. A sesión dividiuse en dous momentos claros: unha parte teórica, de repaso de conceptos estudiados anteriormente, así como cumprimentación de fichas. E unha parte práctica de semente de plantas en macetas, con tódalas correspondentes tarefas de organización, distribución e recollida de material.
Noutra das sesións, participaron da clase de Comunicación, para 1º de Primaria, adicada ese día á Historia da escritura. Distribuise en tres momentos: un primeiro de expresión oral, no que o alumnado nos recibiu cunha canción de benvida en español, e logo a mestra empregou un boneco de mascota que respondía ás preguntas dos nenos sobre as indicacións dadas antes pola docente. Logo explicoulles o proceso de aparición da escritura e, finalmente realizaron unha práctica sobre composición e do papel.
Na segunda das clases, dirixida a alumnos de 2º, repasan conceptos sobre integrais, resolución de ecuacións integrais e representación gráfica das mesmas. O profesor propón exercicios enmarcándoos en contextos que explica oralmente para que respondan os alumnos, á vez que os fai pensar nas solucións. Na terceira sesión dirixida a alumnos de 1º , a clase centrouse en conceptos trigonométricos e obtención de áreas e magnitudes a partir deles. O alumnado atende e vai resolvendo os exercicios propostos, ao tempo que resposta aos cuestións que lles fai o profesor.
Na cuarta sesión asistiron todos os profesores do grupo Stem a unha exposición a modo de valoración feita por 4 alumnos escollidos polo profesor de Matemáticas para explicar a organización dos graos e niveis do Bacharelato internacional, as combinacións, así como as súas correspondencias cos estudios universitarios. Rematan expresando as súas valoracións e perspectivas de futuro. A sesión rematou almorzando no comedor do mesmo instituto.
Pola tarde, volveron ao WCIS poñer en común conclusións de todo o observado e experimentado nestas visitas arredor do feito pedagóxico e didáctico nas etapas educativas estudiadas, analizando os pros e contras, resultados de informes e propostas innovadoras.
O 29 de abril rematou a estadía no país e na capital, da que quedará un recordo imborrable. Ao longo das horas ocupadas en boa parte nas estancias nos aeroportos de Varsovia, Madrid e Santiago, os participantes foron deixando atrás unha serie de aprendizaxes, vivencias e convivencia moi positivas e totalmente recomendables.