28 xaneiro 2022

Portugal nas titorías.

Este venres tivemos a primeira Titoría tras a volta dos participantes no Erasmus+.  A sesión de 3º e 4º da ESO aproveitouse para que o alumnado viaxeiro compartise a súa experiencia co resto dos seus compañeiros e compañeiras e coas titoras dos grupos. 

Dende a ruta seguida ata as características de Castro Verde e do seu centro, foron explicando a súa experiencia, as visitas e as actividades.  


   
 
Foi unha maneira divertida de traer un pouquiño do Erasmus aos seus compañeiros e compañeiras, aos que animaron a participar nas vindeiras mobilidades xa que todas coincidiron no positivo da experiencia. 



23 xaneiro 2022

Mobilidade a Castro Verde.

Comezamos o ano retomando as mobilidades do noso proxecto Erasmus+ KA229. Desta volta, 6 representantes do alumnado de 3º e 4º da ESO e as profes fe Francés e Historia viaxaron ao sur de Portugal para compartir actividades e experiencias con compañeiros e compañeiras fineses, turcos, romaneses e portugueses. 


               

A aventura comezou o sábado, voando ata Lisboa, onde o domingo nos xuntaríamos todos os participantes para ser recollidos polo equipo anfitrión. Dende alí, aproximadamente dúas horas de viaxe en autobús ata Castro Verde, onde as familias agardaban polos seus visitantentes. 

A primeira xornada foi de coñecemento: dos participantes, das localidades de orixe do alumnado, do centro que nos recibiu e dos que procedemos, do sistema portugués e da vila na que iamos pasar os seguintes días. Dinámicas de presentación e descuberta dos puntos emblemáticos de Castro Verde que fixeron que o alumnado de Monfero exprimise o seu Inglés ao máximo. 


                                                  

O martes e o xoves estaban reservados para o traballo STEM. Así, en pequenos grupos plurinacionais, a rapazada realizou diversas actividades: Makey Makey, drons, programar un pequeno robot... Na última sesión, ademais da actividade con realidade aumentada, tivo lugar unha actuación de maxia. 


                 


                                          

Como non todo ía ser STEM, o martes tamén quedou tempo para ir coñecer unha empresa local: a Irmandade da Figueirinha. Das súas viñas e oliveiras obteñen a materia prima para producir viños e aceites. Pero ademais, non estragan nada senón que son un bo exemplo de aproveitamento total. Por exemplo, dos osiños das aceitunas obteñen enerxía coa que quentar a auga das súas instalacións. 

                                           

No ecuador da nosa semana, fomos pasar o día a Lisboa. En Belem visitamos os mosteiro dos Xerónimos, grande exemplo da arquitectura manuelina onde se atopa o sartego do grande explorador Vasco da Gama. Falando de descubertas... Espectaculares as vistas dende o cumio do Monumento aos Descubridores.  Antes de volver a Lisboa para pasear e coñecer a Praza do Comercio, tivemos tempo para probar os pasteis de Belem, por suposto! 

  

  

 

Era hora de ir rematando: a viaxe tocaba á súa fin. Para despedirnos co mellor recordo posible, logo da entrega de diplomas aos participantes, os anfitrións agasalláronnos cunha festa de despedida que contou con actuacións musicais e cunha gran merenda con produtos propios da gastronomía portuguesa, en xeral, e de Castro Verde, en particular. 

     

     






Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...