13 novembro 2024

Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas (Job-shadowing) para que, neste caso, tres docentes das localidades belgas de Maldegem e de Eeklo (situadas na provincia belga de Flandes Oriental) comprobaran e observaran como traballan, se organizan e imparten docencia os profesionais educativos do noso centro. 

Esta iniciativa está enmarcada dentro dos programas Erasmus+ organizados desde o CFR de Ferrol (dos cales participamos desde fai anos realizando numerosas actividades formativas en países Europeos) este curso e por primeira vez, se nos encomenda desde o CFR ser centro formativo dunha destas estadías amosando diferentes das propostas pedagóxicas do mesmo. Entre elas, está a aprendizaxe matemática a través do método ABN, os ambientes de aprendizaxe na etapa de infantil, o desenvolvemento das competencias dixitais para a cidadanía na etapa da ESO, a Biblioteca escolar como centro de aprendizaxes informacionais e a aprendizaxe integrada das lingüas nas áreas curriculares (neste caso na ESO). 

Así, contando coa experiencia dun grupo de docentes do CPI Virxe da Cela programa Observa-Acción (actualmente estase a levar a cabo a IV Fase), estes profesionais asumiron a coordinación das actividades, participando tamén nesta xornada formativa de job-shadowing o profesorado incluído no PFPP de centro na liña de internalización e colaborando ademais, do profesorado especialista en Francés varias titorías e especialidades.








04 novembro 2024

Preparando o Programa Job-shadowing en colaboración co CFR de Ferrol

O próximo martes, 12 de novembro contaremos coa visita de tres persoas docentes das localidades belgas de Maldegem e de Eeklo (situadas na provincia belga de Flandes Oriental).

Será unha xornada de intercambio e experiencias onde alumnado e profesorado amosaremos como se desenvolven as competencias do noso alumnado que na xornada de hoxe estamos a preparar.

Faremos especial fincapé na aprendizaxe matemática pero tamén amosaremos a importancia da conexión co medio natural na aprendizaxe e no desenvolvemento das competencias dixitais para a cidadanía.

Imaxe da reunión do profesorado participante na iniciativa.



Job-shadowing no centro

O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...