É unha escola de 0 a 3 anos con 14 bebés de 3 a 12 meses e 3 mestras; 14 criaturas de 1 a 2 anos con tres educadoras e 18 nenos e nenas de 2 a 3 anos con dúas educadoras. Ademais, na escola contan con tres colaboradoras e dúas persoas en cociña.
Traballan a partir de proxectos contando coa colaboración das familias (polas tardes). Desta forma, ensínanlles como xogar e pasar tempo de calidade cos seus propios fillos e fillas. O máis importante é compartir as propostas e xerar cohesión de grupo.
Este curso contan cunha estancia “do marabilloso” onde todo relacionase coa pedagoxía da narración. Neste senso, colaboran cun artista especializado en teatro dos sentidos de Barcelona realizando con el cursos de formación. O proxecto do ano anterior foi “O frasco das emocións” ou “Emocións nun frasco” baseado no conto “Nun tarro de cristal”.