Despois de irmos a Portugal e a Turquía... Toca que recibamos aos nosos compañeiros e compañeiras de proxecto! Estamos desexando que chegue o domingo 3 de abril para recibir cos brazos abertos aos equipos de Finlandia, Romanía e Portugal. Lamentablemente, os compañeiros e compañeiras de Turquía non poderán vir: botarémolos ben de menos!
Non imos ter tempo de aburrirnos, pois temos preparadas actividades no cole, saídas culturais, visitas... E algunha que outra sorpresiña final. Estade atentas!!