Esta COVID estanos a traer moitas complicacións...
Pero non vai poder con nós!! Neste primeiro trimestre do curso tiñamos previsto comezar coas nosas estadías e estaba previsto que fósemos a Portugal e a Romanía. Porén, as cousas non foron saíndo como agardabamos e por problemas de organización e cos datos da pandemia, vímonos obrigadas a modificar as datas das nosas viaxes. Finalmente, neste primeiro trimestre non haberá mobilidades: teremos que agardar ata xaneiro para vernos en Portugal.
A parte boa é que temos máis tempo para prepararnos e planificar as actividades e traballos que desenvolveremos cando finalmente nos xuntemos. Porque nos habemos xuntar, seguro!!!
En canto teñamos datas confirmadas, iremos contándovos máis cousiñas.