Espazo para difundirmos actividades, novas e eventos internacionais nos que participa o noso cole.
19 xuño 2019
TEACHER DEVELOPMENT COURSES IN ENGLISH. CARDIFF
Teacher Development courses in English. Wales, do 1 ao 13 de xullo 2018. CFR Ferrol. F1706013. Marta Novo, Carmen Espiñeira, Cristina Cillero e Verónica Dopico
14 xuño 2019
ERASMUS+ ROBÓTICA. CARDIFF
Tres profesoras do noso centro (Camino Pereiro, Cristina Cillero e Verónica Dopico) participan neste Erasmus organizado polo CFR de Ferrol e que se desenvolve en Cardiff (Gales) do 9 ao 14 de xuño de 2019). Conxúgase a formación coas visitas a centros educativos.
A formación STEM lévase a cabo en Tramshed Tech, un espazo de coworking nun edificio industrial restaurado. A formación consistiu en catro estacións de traballo con catro miniproxectos diferentes para realizar de maneira rotativa, todos eles centrados en programación e robótica, así como en Lego.
Realízanse visitas a centros educativos ou “jobshadowing” en varias escolas de Cardiff e arredores. Ysgol Gymraeg Casnewydd de Newport, un centro de infantil e primaria pioneiro na introdución da robótica e programación nas aulas; ST Bernadette’s Roman Catholic Primary School, tamén de primaria, situado na propia cidade de Cardiff, que conta cun “Clube ou Liga Tecnolóxica” que funciona a maneira de materia optativa; Holy Family roman Catholic Primary School en Cardiff; Bishop Hedley Catholic High School, en Merthyr Tydfil, unha escola de secundaria nun pobo mineiro que ofrece oportunidades ao alumnado dunha zona deprimida (alto índice de paro, familias desestructuradas, etc), onde a tecnoloxía está presente no día a día das aulas, incluso realizan unha viaxe a Florida a finais de curso para levar aos mellores alumnos/as a visitar a NASA!. Finalmente a Cadoxton Primary School, en Barry, centro de infantil e primaria pioneiro no traballo por proxectos e na reformulación dos espazos e materiais de traballo, que ademais de introducir as novas tecnoloxías desde idades temperás, fan unha labor social e comunitaria moi importante e destacable.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Job-shadowing no centro
O martes 12 DE novembro 2024 realizamos no CPI Virxe da Cela unha xornada formativa de observación de boas prácticas ( Job-shadowing ) para ...

-
Como xa avanzamos nunha entrada anterior, do 16 ao 21 de febreiro Laura Ferro, profe de Francés, e Rosalía Regueiro, de Historia, estiveron...
-
Seis alumnos/as e dúas profesoras do CPIP Virxe da Cela visitan esta semana a localidade finlandesa de Joroinen para parcipar no p...
-
Despois de irmos a Portugal e a Turquía... Toca que recibamos aos nosos compañeiros e compañeiras de proxecto! Estamos desexando que chegue ...